Recepción das cooperativas na Deputación de Pontevedra 2017

O alumnado de once centros de educación primaria e dous de educación especial da Deputación de Pontevedra, que desenvolven este curso o proxecto “DepoEmprende na escola” a través da creación de cooperativas escolares, foi recibido o pasado 27 de novembro de 2017 pola presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e pola deputada de Emprego, Montse Magallanes, no Pazo provincial. Cada cooperativa puido explicar brevemente a súa actividade e recibiu o seu CIF correspondente.

recepcion_2017

Entre as escolas participantes atópanse: o CEP Antonio Magariños Pastoriza, de Cambados; o CEIP Plurilingüe Número 1, de Tui; o CEE Príncipe Felipe e o CEIP Santo Andre de Xeve, de Pontevedra; o CEIP de Laredo e o CEIP P. Alexandre Boveda, de Redondela; o CPI Julia Becerra Malvar, de Ribadumia; o CEIP García Barbón, de Vigo; o CEP Plurilingüe de Riomaior, de Vilaboa; o CEIP Plurilingüe A Florida e o CEIP Plurilingüe Nantes, de Sanxenxo; o CPI de Cova Terreña, de Baiona, e CEE Violagarcía de Arousa, de Vilagarcía.

Parabéns a todo o alumnado e profesorado polo bo traballo que están a facer e moito ánimo.

Galeria de fotos

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s